Composición das cancións
Idiomas
- Castelán e galego.
- Tamén se aceptan fragmentos en inglés ou spanglish ou outros idiomas.
Letra da canción
Tras Euroroscón hai un equipo de expertos letristas que che axudarán a crear a letra, desenvolvendo os diferentes versos e refráns da canción.
Requisito mínimo:
Fai un resumo do que queres que a canción conte. Canto máis detalles achegues, máis detallada será a letra.
Podo escribir toda a letra da canción?
Si, podes escribir total ou parcialmente a letra, ou mesmo só o retrouso.
Non se me ocorre nada que dicir?
Contacta co organizador, para que che dea ideas.
Consellos:
- Pensa na persoa á que lle dedicas a canción.
- A canción debería permitir recoñecer facilmente á persoa destinataria.
- Inclúe algo que fixo este ano ou detalles do seu carácter en xeral.
- Canto máis graciosa, mellor.
- Podes engadir detalles da localización, como lugares concretos.
- Emprega adxectivos para describir á persoa. Podes enviarnos unha lista de palabras que debería conter.
- Escribe en primeira, terceira persoa ou ambas.
- Pensa na canción como unha historia.
- Tamén podes incluír palabras como "lalala", "lololo", "parabapapá", etc.
Estilo da Canción
Agora é o momento de pensar na parte puramente musical.
Requisito mínimo:
Indicar o estilo musical da canción: bachata, latino, pop, rock, hardcore, hip-hop, soul, electrónica, afrobeat, jungle... Os nosos expertos musicais teñen experiencia compondo en máis de 200 estilos.
Consellos:
- Podes indicarnos cancións ou artistas similares aos que queres que se asemelle a túa composición.
- Adxectivos que poden definir o estilo: alegre, divertido, dinámico...
- Palabras clave: piano, musical de Hollywood, Bollywood, ...
- Épocas: anos 30, 40, 70, ...
- Artistas famosos como referencia: Madonna, Raphael, Rosalía, Quevedo, C. Tangana, Taylor Swift, Macaco, ...
Título da canción
(Opcional).